domingo, 5 de octubre de 2014

APOIÁDENOS. QUEREMOS QUE SE DOTE O IES CUN PROFESOR DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Temos que seguir traballando para que mellore o noso IES. 


Apoiádenos dando publicidades a esta mensaxe á Consellería de Educación.





A Administración recorta na educación dos máis débiles, dos máis necesitados, cando suprime unha das prazas de profesor de Pedagoxía Terapéutica, polo que queremos amosar o noso total desacordo con esa decisión totalmente inxusta e discriminatoria.

Instamos á Consellería a dotar ao IES da Pobra con outr@ profesor de Pedagoxía Terapéutica para atender as necesidades dos nenos e nenas con dificultades de aprendizaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario