O PP da Pobra votou en contra da Comunidade Educativa do concello ao utilizar a súa maioría absoluta para rexeitar, no Pleno Municipal deste xoves, esta moción que presentou o BNG e que foi apoiada tanto polo PsdeG como por Compromiso por Galicia. A concelleira definiuna como unha moción oportunista (foi presentada ao Pleno o día 11 de setembro, cando o goberno local aínda falaba de pequenos problemas de pintura).
A semana pasada a ANPA do IES entrevisouse con representantes de todos os partidos políticos da vila buscando unha unidade que, esperabamos, se demostrara no apoio unánime á moción que xa presentara o BNG a primeiros de setembro. Desafortunadamente, o PP decidiu desmarcarse e votou en contra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario