Dende a ANPA do IES da Pobra e en relación ao acordado
pola Administración de Educación no que respecta á problemática do instituto
queremos poñer de manifesto o seguinte:
- O IES da Pobra ten un número elevado de alumnado con necesidades educativas especiais polo que, ata este curso, o centro contaba con dous profesores especialistas a tempo completo e un máis a media xornada . A Administración recorta na educación dos máis débiles, dos máis necesitados, cando suprime unha das prazas provisionais de profesor de Pedagoxía Terapéutica, polo que queremos amosar o noso total desacordo con esa decisión totalmente inxusta e discriminatoria.
- · É positivo que a Administración asuma finalmente que o noso IES ten serios problemas de humidades, gretas e goteiras e que, como nós reclamamos, é necesario que sea un equipo técnico e cualificado o que faga o informe imprescindible para encontrar a solución definitiva ás deficiencias. Levamos intentando que a Administración tomase esas decisións dende o mes de xullo. Pero queremos manifestar que esta ANPA non pode nin debe consentir, de ningún xeito, que o alumando do centro conviva un día máis con pingueiras nas aulas ou noutras instalacións do instituto, polo que instamos á administración a que considere o problema das goteiras unha prioridade á que darlle solución
- Confiamos en que finalmente, e antes de que acabe o ano, se leven a cabo as obras relativas á eliminación das barreiras arquitectónicas e de conexión do instituto coa rede municipal de saneamento, ambas, demandas moi antigas da Comunidade Educativa do IES e de obrigado cumprimento.
- · Consideramos esencial para o alumnado do IES, que ten o privilexio de contar con case 200 ordenadores do Plan Abalar e excelentes profesionais da educación formados no uso das novas tecnoloxías, que se aumente o ancho de banda no que respecta á conexión a internet. Dende o noso punto de vista, a administración educativa non debería desoír as demandas do profesorado do IES ao respecto. Trátase de aproveitar os recursos da inversión pública xa efectuada para mellorar a calidade da educación dos nosos fillos e fillas.
- Estamos satisfeitos porque finalmente foi comprometida a actuación que solicitamos en dous escritos que presentamos ante o Concello no mes de abril, e reiterado en maio, nos que advertimos sobre los riscos que o actual estado do acceso superior ao complexo de edificios representa para la seguridade dos alumnos.
- Agradecemos a todo o profesorado do IES, e en especial ao equipo directivo, o seu traballo diario pola mellora do instituto en todos os aspectos; a pesar de que a Administración se pronunciara dunha forma tan inxusta contra eles.
- · É responsabilidade da ANPA traballar por mellorar tanto as instalacións como a calidade da educación no noso instituto polo que seguiremos reclamando a intervención das diferentes institucións na procura de conseguir os nosos obxectivos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2012/08/30/dos-institutos-coroso-pusieron-punto-verano-fondos-xunta/0003_201208B30C4991.htm
ResponderEliminarPero si estaba perfecto, insisto..................¡cómo somos!