Apoiádenos dando publicidades a esta mensaxe á Consellería de Educación.
A Administración recorta na educación dos máis débiles, dos máis necesitados, cando suprime unha das prazas de profesor de Pedagoxía Terapéutica, polo que queremos amosar o noso total desacordo con esa decisión totalmente inxusta e discriminatoria.
Instamos á Consellería a dotar ao IES da Pobra con outr@ profesor de Pedagoxía Terapéutica para atender as necesidades dos nenos e nenas con dificultades de aprendizaxe.